Bandas

DEF CON DOS (DOS TENORES DEF)

 O nome do grupo, fai referencia ao sistema de alertas utilizado polo Pentágono, onde  DEFCON-2 se utiliza cando se alcanza o nivel inmediatamente inferior ao máximo.



 Nos derradeiros coletazos da década dos 80,comezos do ano 90 e a medio camiño entre Madrid e Vigo, influenciados por bandas coma Beasty Boys ou Public Enemy estabase xestando DEF CON DOS.
  Neses comenzos, a banda rapeaba sobre bases instrumentais de Hip Hop preparadas por Julián Hernández de Siniestro Total. Eran tempos de "Primer Asalto", primeiro traballo da banda.
Despois do " segundo asalto",  "tercer asalto" e de "Armas pal pueblo", en 1995 a banda publicaba "Alzeimer", onde o son da banda evolucionaba ata un son cercano o rap punk metal que tería continuidade nos seguintes traballos. Esa época foi a do despegue da banda, na que tivo moito que ver Alex de la Iglesia, co que colaboraron poñendolle música, aos temas centrais de dúas das súas películas,"Acción Mutante" (1993) e sobre todo "El día de la Bestia"(1996) que aumentaría en dosis inimaxinables a popularidade da banda.
Despois virían "Ultramemia" e "De poca madre", onde confirmarían a consolidación do su estilo, mixtura de rapeo a tres voces, guitarras metal e bases de hip-hop, ao mesmo tempo que irían aumentando o número de seguidores o que lles levaría a facer xira europea e americana.





A banda separouse temporalmente en 1999, deixando un
recopilatorio "Dogmatofobia". Tras uns anos de silencio, voltaron en 2004 co disco Recargando.
No 2006. editaron 6 dementes contra el mundo, disco en directo recopilatorio de súa carreira.
No 2009 publicaban "Hipotecate tú"e no 2010 celebraban o seu XX Aniversario sobre os escenarios con un BOX DEF, titulado "La culpa de todo la tiene DEF CON DOS" , onde se confirmaron como un grupo ao que a veteranía non lle ha restou frescura, inxenio e capacidade de renovación.

O último traballo publicado "España es idiota" veía a luz no 2013.
Neste ano 2014, para celebrar o 25 aniversario de “PRIMER ASALTO” (Demo 1989) de DEF CON DOS; Peón Kurtz, J. Al Ándalus e Strawberry, estrean un novo formato co que repasar os temas máis antigos de DEF, que non teñen cabida no repertorio eléctrico actual da banda, así como outros da súa faceta más hiphopera que non acostumaron  interpretalos nos seus directos, ata agora.

Pincha aquí para visitar a web de Def Con Dos



APHONNIC

A formación incial de Aphonnic, composta por Chechu,Alén,Richy, Felipe e Iván, publicaban no 2003 "Silennce", o primeiro traballo desta banda viguesa, que xá dende os seus comezos navegou entre o rock e o metal máis moderno. Nese primeiro traballo, nas letras dos seus temas predominaría o inglés. Ese predominio da lingua de Shakespeare prolongaríase tamén en "Foolprof", o segundo traballo da banda , que se publicaba no 2006. Co único troco repecto a formación inicial de Iago, que remplazaba a Iván nunha das guitarras, este segundo traballo supoña a confirmación das expectativas creadas co seu albume de debut.
No 2009, lanzaban o mercado "6 bajo par", o seu primeiro disco 100% en castelán. Cunha producción impecable, un son potente e a variedade que podemos atopar nos once temas que incluía este tercer traballo, atopamonos cun novo paso ao frente da banda viguesa.
A finais do 2013 agasallabannos con “Héroes” . Once temas, onde agresividad e melodía dan
vida, corpo e alma a un sentimento capaz de deixar pegada en nós. Arrancaban xá, meses antes, cunha campaña de crowfounding que non só lles permitiu conseguir a financiación desexada, senon que suposo 
un impulso supoñemos que ánimico (en pouco tempo superaron con moito o obxetivo, o que refrendaba o apoio dos seus seguidores) e técnico, xá que o aopoio económico permitiu un empuxóncillo que moveu ao agora cuarteto(Felipe deixaba a banda a mediados de 2013) a contar cunha producción de luxo, a cargo de Vasco Ramos (More than a thousand, Hills Have Eyes) e Dani Obenza nos prestixiosos estudios Poison Apple de Lisboa, mixturado e maxterizado por Paul Leavit (Circa Survive, All time low, Darkest hour).

 
Dende os últimos compases do 2013 e durante a primeira metade do 2014, sucederonse os concertos de Aphonnic, agotando as entradas na gran mayoría dos casos e colleitando a admiración e boas críticas tanto de público coma da prensa especializada. Sen dúbida, atopamonos cunha das bandas do momento, e o intre ideal para deixarse levar polo impresionante e potente directo dos Aphonnic



Pincha aquí, para visitar a web de Aphonnic




 
 

  FESTICULTORES TROUPE

Unha banda con máis de oito anos de historia e unha habilidade irrebatible: a de cultivar a festa máis vigorosa alá onde vai a base de música, humor, baile e desinhibición cerebral. O triángulo máxico do Entroido é o seu berce e a música balcánica a súa fonte de inspiración.


Todo comeza cando unha noite de lúa chea Emilio Oro sofre unha transformación xenética e cerebral que o levou a converterse na Kabra Macabra. Logo de meses de andaina co seu carriño de música itinerante e moita vida social decide recrutar tropa para revolucionar o mundo das charangas en Galicia. A primeira formación do grupo quedou así integrada por Yuri Brinkas  (cantante), Antonio Feijóo Soto  (guitarra), Martín el Labio (trompeta), Alex Díaz (saxo), Gustavo Agasi (caixa), Xurxo Troncoso (bombo), Manuel Lousas (violín) e Emilio Oro (teclado), aos que logo se une Miguel Rumbao (baixo).


A formación estréase no Corpus de Ourense nunha noite regada con viño, na que se ve na obriga de repetir o repertorio tres veces. Comeza así a tocar nunha morea de festas e festivais e artella o seu primeiro show: Rumaníacos, a cerimonia do cultivo da sagrada semente da festicultura que fai abrollar o espírito festeiro polo mundo adiante. Logo veu o espectáculo As Kabras Chouteiras, que mestura sketch, música e humor .Con E.G.F.A. (Exército Gherrilleiro das Festas Armadas) chegaron a acompañar a Manu Chao e Radiobemba na fin de xira europea en Baiona (Francia) e percorreron países coma Serbia, Polonia, Francia ou Portugal. Ademais, gañaron o Premio do Público no Festival Internacional Haizetara de Amorebieta e compartiron cartel con grupos internacionais coma Gogol Bordello, Emir Kusturica & The No Smoking Orchestra ou Fanfare Ciocarlia.

 

No ano 2011 presentaron nova formación e novo espectáculo. Gustavo Agasi "O pellizcos", Anxelo de Xermar "Torturillas", Xiñor Tonichi "O Tortas", Nico "O Cachelitos", Iago "Mordisquitos", Carlos Alberto "O Traidor" e Emilio Oro "O Mamador Líder", sete das persoas máis tímidas do mundo conseguen transformar o sufrimento nun goce inimaxinable en Os Sadomusiquistas, un espectáculo no que liberan un tsunami de endorfinas e converten cada verbena pola que pasa na maior pista de sadobaile do mundo.

No 2014 Festicultores Troupe voltan a xirar e cultivar a festa alá por onde pasen .

Pincha aquí para visitar a web de Festicultores Troupe



THE SKARNIVALS


The Skarnivals é unha banda ska / punk / folk galega nacida no 2009, baixo o nome de Skakeo.  O seu potente e eléctrico directo, ao lado da temática reflexiva e solidaria dos seus temas, son a fórmula para enganchar a cada vez a máis público.
Editando en 2010 a súa primeira maqueta, pouco a pouco conseguiron deixar pegada entre a xente e formar parte, entre outras cousas, dun recopilatorio internacional editado en Alemania entre máis de 40 bandas do panorama ska, punk, reggae e cumbia do momento. Todo isto, fixo que a súa vontade de seguir loitando foxe en aumento,  otorgándolles o impulso necesario nos últimos anos para continuar abrindose camiño no gran océano musical.
No 2012 lanzan o seu segundo traballo "Torsión mundial", composto por 10 temas entre os que atopamos as colaboracións de Gabri Dakidarría e Nere (antes Whale azules Quintet).
 A xira de "Torsión mundial" levounos a tocar a nunha chea de festivais(Herreruela Rock, Reperkusión, Rockmeria 2013, Festimar, Castelo Rock,Sonrias Baixas...) e salas de concertos(Sala Hebe, Discotasca, Capitol...) .


Pincha aquí, para visitar a web de The Skarnivals




LEO ARREMECAGHONA
 

 A traxectoria musical do Leo i Arremecághona!!! iníciase sobre o ano 1997, aínda que comeza a ser coñecido cando é chamado para abrir os concertos da xira galega de Albert Pla en 1998. Do mesmo 1998 é o seu primeiro disco Suspiros de Kaña, do que se editaron un milleiro de copias distribuídas polo propio autor. O disco sería reeditado no ano 2006 por A Regueifa Plataforma en formato mp3.
O Leo i Arremecághona!!! participou como autor de letras e músicas e como actor nos espectáculos As Presidentas d'A Factoría Teatro e Vendettta Berrobambán Teatro. Tamén foi finalista do "I Certame de Monólogos Monolíngües". A vinculación do autor coas artes escénicas é notable, xa que parte importante do proxecto musical que representa O Leo i Arremecághona!!! céntrase nas súas actuacións ao vivo, espectáculos que rozan o formato da performance e nas que o autor se caracteriza para interpretar determinados personaxes. É habitual que o espectáculo punk tamén estea precedido de versións acústicas de autores da canción protesta galega e dos Cantores de abril. O Leo i Arremecághona!!! ten dado recitais por toda a Galiza, a súa última xira, de 2007 levou por nome Xira... e aghomita.
No ano 2006 participaría no concurso "A polo ghit", co tema "A canción do vagho", unha versión libre do tema de John Lennon "Give Peace a Chance". Na edición de 2007 repetiría con "Bilingüismo harmónico", unha adaptación do "Should I Stay Or Should I Go" de The Clash. No mesmo ano participa do tributo a Andrés do Barro Manifesto Dobarrista cunha versión do tema "Vou a Bueu". O seu próximo disco será Aghomita, campión! e tamén se está preparando o DVD con actuacións ao vivo Sigho (vivo).


 No 2009 colaborou no proxecto de acción poética
 "A Revolta das Letras", celebrado o Día 
 das Letras Galegas en Santiago de Compostela.
 Nós últimos anos, multiplicouse a súa presenza en festivais ou salas de toda Galiza.
 Forma parte doutros proxectos musicais, como Labregos do tempo dos Sputniks (xunto a García, mc de Dios ke te crew) e Das Kapital (xunto a Daniel Salgado e Marcos Payno).


 
Picha aquí, para visitar o blogue de Leo




OVOS PODRES


Ovos Podres é unha nova banda de punk-rock de Vigo- Galiza
(is not Spain), formada por seis amigos.
Non todos os que formaban o grupo orixinalmente puideron soportar os duros ensaios espartanos, quedando polo camiño Tur (ex-vocalista con afonía crónica), Soto (ex-baixista que pediu asilo político en Chile) e Martín ( ex-teclas busca a paz facendo reggea con Liska).
Os actuais superviventes o holoc...
austo Podre son: Juan (batera de Liska) na bataka, Alex (ex skarnio e saxo en Liska) na guitarra, Moncho (ex Essencia de Lapo e Falkatruada) co baixo, Txema na outra guitarra, Karlos pegando berros e Xulio no acordeón.
Comezan nos escenarios en outubro de 2012, e gravan o seu primeiro disco en Teis nos Estudos Galicia no verán do 2013. Mentres combinan planear un atentado ca
presentación do seu primeiro disco, xa están facendo novos temas e tocando por aí.




 
 
 
 
MILLO
 
     A idea de Millo nace de dous amigos que se coñeceron na universidade de Ourense, Javi e David. Tras varios anos de amizade comezan a tocar musica xuntos, na casa e nalgunhas jams sessions. De ai surxiu o tema da musica como pasatempo, e como vinculo para seguirse vendo ao rematar os anos universitarios. Decidiron completar o grupo con Victor á bateria, e tempo despois con Cristian ó baixo. Dous anos despois entrou Adri como gaiteiro completando a formación.







 



 
 
BANDA TRIBUTO A "MANOLO MATAMA"
 
 
 
 
 
O sabadó 5 de xullo no SONS DA LAMEIRA,  BANDA TRIBUTO MANOLO MATAMÁ(BEIRÁN)  unha banda composta por musicazos de varias bandas, xuntaranse para rendirlle tributo o mais grande, e a un dos primeiros, por non decir o primeiro espectador  deste festival fai 8 anos, cando ninguen daba un peso por MALAHERBA ali estabas, vai por ti...................
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario